Con este roteiro guiado, a Asociación Naturalista Hispella participa no día WALKING RIVERS, iniciativa promovida polo Centro Ibérico de Restauración Fluvial (CIREF), un grupo de profesionais implicados coa recuperación ambiental destes espazos naturais cada vez mais ameazados. Como podedes comprobar na súa páxina web, será unha celebración a nivel mundial que pretende achegar á población aos ecosistemas fluviais e "demostrar que os ríos son xeniais e que é posible andalos". Búscanos no Mapa.
Se queres participar con nós nesta xornada no Courel, envíanos un correo electrónico a anhispella@gmail.com cos nomes e DNI dos participantes. O roteiro polo río Pequeno terá unha lonxitude de 10 km aproximadamente, e incluirá obradoiros e actividades relacionadas coa fauna e flora de ribeira. Aconsellamos levar calzado e roupa axeitada de trekking, e traer a túa propia comida e bebida, e moitas ganas de pasalo ben! Unha vez inscritos, recibiredes mais información complementaria sobre o lugar de encontro e outros datos sobre esta xornada.
Ademáis, contámosche que a Asociación Naturalista Hispella acaba de abrir o seu propio Teaming para que poidas colaborar coa asociación aportando 1 euro/mes e aportar o teu gran de area na defensa do medio natural (https://www.teaming.net/a-n-hispella). Lembra que na declaración do IRPF do ano seguinte recuperas ata o 80% das aportacións que fagas, e a plataforma Teaming enviarache puntualmente cada ano o certificado para que poidas facelo.
Podes contactar con nós para calquera dúbida no mail anhispella@gmail.com.