jueves, 28 de marzo de 2024

Próximo roteiro guiado no Courel: sábado 11 maio. Walking River

O vindeiro sábado 11 de maio 2024 organizamos unha actividade ambiental que nos levará a percorrer a ribeira do río Pequeno en Seoane do Courel (Lugo). O río Pequeno é afluente do río Lor e os dous forman parte da Reserva Natural Fluvial (RNF) Río Lor I. As RNFs son unha figura de protección ambiental na que se incluen os treitos de ríos mellor conservados da Península Ibérica. Xunto coas Reservas Naturais Lacustres e as Reservas Naturais Subterráneas, constituen as chamadas Reservas Hidrolóxicas, a xoia da coroa dos ecosistemas fluviais de España.

Con este roteiro guiado, a Asociación Naturalista Hispella participa no día WALKING RIVERS, iniciativa promovida polo Centro Ibérico de Restauración Fluvial (CIREF), un grupo de profesionais implicados coa recuperación ambiental destes espazos naturais cada vez mais ameazados. Como podedes comprobar na súa páxina web, será unha celebración a nivel mundial que pretende achegar á población aos ecosistemas fluviais e "demostrar que os ríos son xeniais e que é posible andalos". Búscanos no Mapa.


Se queres participar con nós nesta xornada no Courel, envíanos un correo electrónico a anhispella@gmail.com cos nomes e DNI dos participantes. O roteiro polo río Pequeno terá unha lonxitude de 10 km aproximadamente, e incluirá obradoiros e actividades relacionadas coa fauna e flora de ribeira. Aconsellamos levar calzado e roupa axeitada de trekking, e traer a túa propia comida e bebida, e moitas ganas de pasalo ben! Unha vez inscritos, recibiredes mais información complementaria sobre o lugar de encontro e outros datos sobre esta xornada.

Ademáis, contámosche que a Asociación Naturalista Hispella acaba de abrir o seu propio Teaming  para que poidas colaborar coa asociación aportando 1 euro/mes e aportar o teu gran de area na defensa do medio natural (https://www.teaming.net/a-n-hispella). Lembra que na declaración do IRPF do ano seguinte recuperas ata o 80% das aportacións que fagas, e a plataforma Teaming enviarache puntualmente cada ano o certificado para que poidas facelo.

Podes contactar con nós para calquera dúbida no mail anhispella@gmail.com.












sábado, 8 de octubre de 2022

Señoriña dos brañais



Euphydryas aurinia / doncella de ondas rojas 

Neste 8 de outubro 2022, día internacional das aves migratorias e día internacional do pulpo, asistimos a esta Charla de gran  interese organizada pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, xunto co Grupo Naturalista Hábitat

https://facebook.com/events/s/xornada-especie-do-ano-2022-na/1123333058571502/

A


Notas

🦋 Pasan por varias etapas.
Puestas: eligen hojas por la clorofila y colocan las puestas agrupadas por hembras. En la primera parte son blanquecinos y en la segunda rojizos.
Orugas: 2 etapas donde crean una red que une hojas de la planta para tener alimento. Finalmente, la crisálida se va a zonas bajas, incluso debajo de una piedra
Vuelo: entre final de abril con pico en mayo y finales de junio. Dependiendo del calor la gráfica se puede mover 2 semanas ⬆️ o ⬇️ 
Los machos emergen un poco antes y se establecen y esperan que pase la hembra, o son patrulladores.
Según la población tiene preferencia por una 🪴 nutricia distinta. En Galicia la madre selva. 

Sistema de MCSinger para saber preferencias de 🌱  es colocar hembras encima de la planta y esperar a la ovoposición. El tiempo que tarda en aceptar la planta preferida indica que migrará a otro territorio.

PR Ehrlich y sus colegas empezaron marcando con un rotulador y observando la dispersión. 

En los 90 Camille Parmesan demostró la Afectación del cambio climático al estudiar su extinción y fluctuaciones  de la población de zonas ( desplazamiento a polos y a zonas más elevadas).

Parasitismo.

Lepidóptero: del griego escama +ala. Son dos grupos : polillas y mariposas 🦋 . 150.000 especies en el mundo 

  • Mariposas tienen una superfamilia: Papilionoidea, 138 especies en Galicia, 235 en península, 482 en UE , 18.500 mundial.
    • (Mirmecofilia con las 🐜 hormigas)
    • Las top 6 en España: Licénidos (dimorfismo sexual, mirmecofilia), ninfálidos (Color oscuro en 🏔), piéridos (ojos verdes, colores blanquecinos, limonela),…
  • Polillas 

SOCEME . Seguimiento y Conservación de las Mariposas en España. Asociación para BMS en Galicia e España. Desde uso de apps (naturalist, etc), apoyo ciudadano (por transectos), hasta especialistas. App eBMS, grupo fb. Seguimiento y Conservación de las Mariposas Diurnas en España. 

Blog Mariposa 🦋 y 🐛 orugas de Jose. Iniciación a la identificación

Proyecto https://www.life4pollinators.eu/ para estudios en España de los polinizadores: 350.000 especies de plantas que necesitan de 300.000 especies de polinizadores ( 🐝 moscas, aves, roedores, peces, murciélagos 🦇, e…)

Fotos 





lunes, 26 de septiembre de 2022

Xornada de voluntariado e descorchado de exóticas

O 25 de setembro resultados da XV Limpeza Simultánea de Ríos

No río ULLA - no paso por PADRÓN,  deixamos fotos da Xornada na que recollemos sobre 110 kilos de lixo na marxe esquerda do tramo do río. 
Aproveitamos tamén para poñer un pequeno gran de area no Proxecto de restauración ambiental que pretende recuperar esta zona invadida por vexetación de especies exóticas, quitando varios pés de "picón" ou Robinea pseudoacacia, e descorchamos acacia negra para fomentar o seu secado progresivo. 



martes, 20 de septiembre de 2022

XV Limpeza Simultánea de Ríos - 25.09.2022

 domingo 25 de setembro é a data na que se realizará a actividade de Limpeza simultánea de ríos, e  na A.N. Hispella nos comprace anunciar a participación como en anos anteriores. 

O tramo de río donde realizaremos o voluntariado será no tramo de río asignado á asociación no río Ulla, no Concello de Padrón. Punto de encontro as 10 am aquí (foto plano máis abaixo) Tfno contacto: 629 11 36 34 

XV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS. MOLLATE POLOS RÍOS!









lunes, 4 de octubre de 2021

Voluntariado en Restauración de charcas

 Esta fin de semana participamos no proxecto Couto da Eirexiña na restauración de charcas  de anfibios que nos pareceu moi didáctico e moi interante. Quitamos terra acolmatada en aquel sitio donde sempre houbo una charca e que se foi perdendo por diversos  motivos, entre eles a vaga de incendios forestáis que se produciron en outubro do 2017 que asolou Galicia e chegaron tamén a Portugal.

Una gran labor a que fai este grupo ambiental na parroquia de Rebordelo. 

Moitas gracias pola acollida. Seguro que volveremos! 



martes, 28 de septiembre de 2021

Xornada de voluntariado

26 setembro resultados da XVI Limpeza Simultánea de Ríos na página de proxecto rios: Pincha aquí 


No río ULLA - no paso por PADRÓN,  deixamos fotos da Xornada na que recollemos sobre 110 kilos de lixo na marxe esquerda do tramo do río. 
Aproveitamos tamén para poñer un pequeno gran de area no Proxecto de restauración ambiental que pretende recuperar esta zona invadida por vexetación de especies exóticas, quitando varios pés de "picón" ou Robinea pseudoacacia, e prantando no seu sitio árbores de ribeira: un pradairo, un salgueiro, un bidueiro e un loureiro; 
Ademáis, e como de costume, contamos con unha pequena introducción en recollida de macroinvertebrados e medicións físico químicas do tramo, para incidir na importancia dos ríos na calidade da auga. 
E, tivemos a sorte de recoñer os paxaros co seu canto axudados coas mascotas peluches de Hispella ou a identificación de árbores polas súas follas. 

Gracias equipazo pola vosa participación na limpeza e nos talleres!