martes, 22 de diciembre de 2020

martes, 10 de noviembre de 2020

Os MORCEGOS. ¿qué sabes dos morcegos de Galicia?

Habitan no planeta dende fai 50 millóns de anos, según os rexistros fósiles clasificados coma "morcegos". A especie do homosapiens foi orixinada en África fai 150 mil anos, en Europa fai 40 mil.

Son os únicos mamíferos voladores.


¿por qué non os vemos? porque a súa máxima actividade é de 3 horas durante a noite, empezando 45 min despois do crepúsculo. 

Emiten ultrasonidos cas cordas vocais da larinxe e que se modifican nas narinas (pliegues no naris, por eso teñen esas caras a veces un pouco feas).

¿por qué se colgan? para descansar, cólganse das patas a través de unha grapa que teñen nos pés, que fai que non lles coste nada estar colgados, sin consumo enerxético.

Outro tema interesante é o seu sentido da ecolocación ( moi raro nos mamíferos), sentido diferente do sentido do oído e da vista. Funciona on seu cerebro por un circuito neuronal distinto ó do oído. Envía ondas sonoras e reciben o eco a través das orellas, por eso algúns teñen as orellas moi grandes. Estas ondas sonoras se emiten en frecuencias moi altas (agudas). Os humanos poderíamos escoitar frecuencias a partir de 20Herzios hasta 20kHz. O habitual é escoitar frecuencias graves de 2kHz a 5kHz (para comparar, o agudo na revisión médica non pasa dos 5kHz).

¿teñen alas?  con respecto ó resto de mamíferos teñen modificados os metacarpios y as falanxes. Teñen un brazo con húmero, cubito e radio, pero a partir da muñeca os dedos son distintos para agarrar a membrana que chega ata as pernas e remata na cola. As rodillas pliegan ó revés para facilitar o movemento das membranas alares.  

Imaxe de https://askabiologist.asu.edu/explore/murcielagos



En Galicia hai 26 especies diferentes que viven en distintos hábitats, cobas, bosques, casas, etc..

As máis  comúns son:

  • Xénero Pipistrellus, dentro 4 especies: P. pipistrellus, P. pygmaeus, P. kuhlii, P. nathusii
  • Xénero Eptesicus
  • Xénero Nyctalus, varias especies: N. lasiopterus..
  • Xénero Plecotus, varias especies: P. sp.
  • Xénero Rhinoluphus (de ferradura), con 3 especies, R. ferrumequinum, R. euryale, R. hipposideros
  • Xénero Barbastella, especcie B. barbastellus
  • Xénero Tadarida, especie T. teniotis
  • Xénero Miniopterus, especie M. schreibrsii,
  • Xénero Hypsugo, especie H. savii
  • Xénero Myotis, especie de río M. daubentonii (caza na superficie da auga; localiza os insectos na superficie cazando cando saen da auga) ; outras especies son difíciles de diferenciar..


En A.N. Hispella estamos a realizar saídas para identificar as distintas especies. 

¿cómo se identifican?  existen claves para identificar os pulsos de ultrasonidos:

  • o sonograma enteiro son CHAMADAS: de caza e sociais. Cando cazan son pulsos regulares, e as sociais, que non sabemos que significan, solo que se comunican entre eles; son chamadas irregulares.
  • os Rhinolophus, teñen pulsos en grapas, FM-CF-FM: FM freq modulada - CF frequencia constante, |-|
  • os R. ferru. emiten a 80kHz, as outras duas especies emiten por encima , o R. hippo sempre por encima dos 103kHz, e os R. euryale sobre  100kHz.
  • os R.ferru cando emiten en 40kHz teñen un armónico
  • os Myotis teñen chamadas FM, pulsos verticales, non teñen forma de pau de hockei. 2 grupos: os que emiten a 50kHz e a 30kHz.
  • outro exemplo de emisión é FM-QCF, FM-cuasiCF, parecido ó pau de hockei. Son os máis comúns, entre eles o Pipistellus.
  • hai 2 que emiten en baixa frecuencia , 6 a 15kHz que casi podemos escoitar, son exemplares grandes (Tadarida teniiotis ou Nyctalus lasiopterus).
  • entre 20-30kHz hai 2 grupos: Eptesiqus e Nyctalus e logo os grupos con armónicos.


miércoles, 2 de septiembre de 2020

COLABORACIÓN CO GRUPO LOBO GALICIA

Iniciamos un novo proxecto ambiental colaborando coa asociación "Grupo Lobo" na conservación do noso carnívoro máis emblemático, o lobo ibérico.

Aportamos datos dos traballos de campo para o "Voluntariado Nacional para el Censo del Lobo Ibérico y Evaluación del Estado de Conservación de sus Hábitas Naturales"  coordinado polo departamento de ciencias da Univerdad de Alcalá (Madrid).


viernes, 28 de agosto de 2020

PROXECTO RIOS: resultados de inspección de primavera

Este ano 2020 protagonizado pola COVID-19 non impediu seguir con algún dos proxectos cos que colaboramos. 
 Dentro da web do "Proxecto Ríos", e accedendo ao xeovisor, se poden visualizar os resultados e localizacións das inspeccións de primavera dos distintos grupos de voluntariado de toda Galicia; entre elas as tres localizacións asignadas a A.N. Hispella.

viernes, 29 de mayo de 2020

FIN DE SEMANA DE INSPECCIÓN DE RÍOS

Na recta final do covid-19 empezamos as inspeccións da saúde dos ríos custodiados para o proxecto ríos.
Empezamos polo Valiñas (no seu paso por Culleredo) e polo Ulla (no concello de Padrón en Herbón). Agardando a seguintes fases para poder ir ó tramo do Barbantiño ( en Ourense). 
 
Actualizado 14-06-2020: 
Recorremos e inspeccionamos o tramo do Barbantiño ó seu paso por Amoeiro. Un tramo moi recomendable onde encontrar moita flora das ribeiras galegas! E cómo esperabamos cun resultado de "Moi boa calidade"


No río Ulla, igual que nas anteriores inspeccións encontramos o mexillón dulce Unionidae, un bioindicador moi Bo. O resultado da inspección foi de "Moi boa calidade"

No río Valiñas encontramos macroinvertebrados de varios tipos e niveles. Dando un resultado de Boa calidade.

domingo, 10 de mayo de 2020

PROGRAMA PRIMAVEIRA 2020

Debido a alerta sanitaria tivemos que confinarnos, e pasar media primaveira na casa.
Agora que vai amainando, e pasamos oficialmente de fase, empezaremos as inspeccións nos ríos custodiados en breve.  🐠 🌊
Desexámosvos que todo marche ben, e esperamos vernos más seguintes saídas. 😷 👋