lunes, 4 de octubre de 2021

Voluntariado en Restauración de charcas

 Esta fin de semana participamos no proxecto Couto da Eirexiña na restauración de charcas  de anfibios que nos pareceu moi didáctico e moi interante. Quitamos terra acolmatada en aquel sitio donde sempre houbo una charca e que se foi perdendo por diversos  motivos, entre eles a vaga de incendios forestáis que se produciron en outubro do 2017 que asolou Galicia e chegaron tamén a Portugal.

Una gran labor a que fai este grupo ambiental na parroquia de Rebordelo. 

Moitas gracias pola acollida. Seguro que volveremos! 



martes, 28 de septiembre de 2021

Xornada de voluntariado

26 setembro resultados da XVI Limpeza Simultánea de Ríos na página de proxecto rios: Pincha aquí 


No río ULLA - no paso por PADRÓN,  deixamos fotos da Xornada na que recollemos sobre 110 kilos de lixo na marxe esquerda do tramo do río. 
Aproveitamos tamén para poñer un pequeno gran de area no Proxecto de restauración ambiental que pretende recuperar esta zona invadida por vexetación de especies exóticas, quitando varios pés de "picón" ou Robinea pseudoacacia, e prantando no seu sitio árbores de ribeira: un pradairo, un salgueiro, un bidueiro e un loureiro; 
Ademáis, e como de costume, contamos con unha pequena introducción en recollida de macroinvertebrados e medicións físico químicas do tramo, para incidir na importancia dos ríos na calidade da auga. 
E, tivemos a sorte de recoñer os paxaros co seu canto axudados coas mascotas peluches de Hispella ou a identificación de árbores polas súas follas. 

Gracias equipazo pola vosa participación na limpeza e nos talleres!













 
 

lunes, 6 de septiembre de 2021

XIV Limpeza Simultánea de Ríos - 26.09.2021

 domingo 26 de setembro é a data na que se realizará a actividade de Limpeza simultánea de ríos, e  na A.N. Hispella nos comprace anunciar a participación como en anos anteriores. 

O tramo de río donde realizaremos o voluntariado será no tramo de río asignado á asociación no río Ulla, no Concello de Padrón. Publicaremos plano e horarios próximamente. 


Para participar manda mail 👉 anhispella@gmail.com ou contacta no teléfono 🗩 629 11 36 34 

Como actividade complementaria, aproveitaremos para compartir con vos o novo proxecto de recuperación ambiental da zona en canto a vexetación da ribeira e eliminación das especies exóticas invasoras.

Acabaremos plantando as árbores de ribeira que marcarán o inicio da transformación gracias ó voluntariado ambiental. 



lunes, 9 de agosto de 2021

A "chuleta" das árbores

Saberías identificar as árbores que vas vendo pola ribeira? Ou as que son de alta montaña? 🏞️🌲🌳

E sobre todo, cales son as especies exóticas invasoras que desplazan as autóctonas? 


Nome en galego/castelán/científico:

  1. Salgueiro/Sauce/ Salix atrocinerea (folla en lágrimas pequenas; pegados ó río)
  2. Aveleira/Avellano/ Corylus avellana (folla redonda puntiaguda; varios troncos)
  3. Olmeiro/Olmo (cómo avellano,  folla con nacemento irregular)
  4. Ameneiro/Aliso (f.redonda; na beira do río)
  5. Bidueiro/Abedul/ Betula pendula (tronco blanco, folla aserrada pequena triángular alargada)
  6. Chopos/Álamo (f. Redondeada parecida a bidueiro/abedul pero máis grande)
  7. Freixo/Fresno/ Fraxinus excelsior ( f. composta de moitos lóbulos, imparipinnada, 8+1 punta)
  8. Sabugueiro/Saúco (folla composta lóbulos lágrimas aserradas)
  9. Espiño branco/ Espino albar/ Crataegus monogyna (folla minicarballo verde oscuro)
  10. Érbedo /Madroño (f. Aserrada alongada coriácea, dura)
  11. Abruñeiro/ Endrino (f. Parecida a pereira, follas pequenas e con espinas nas ramas, licor de pacharán)
  12. Sanguiño/ . (f. Moi fina redonda)
  13. Carballo/Roble (sin dudas)
  14. Cerquiño ou Rebolo/ Melojo/ Quercus pirenaica (similar ao Carballo, folla terciopelo, troncos delgados)
  15. Capúdreo/ Serbal de cazadores (merece a visita ao P.N. Invernadeiro en Ourense)
  16. Teixo/ Tejo ( a descubrir no Teixedal de Casaio ;) 
  17. Acivro/ Acebo/ Ilex aquifolium
  18. Loureiro/ Laurel / Laurus nobilis
  19. Pino/ Pino/ Pinus pinaster
  20. Pradairo/Arce blanco/ Acer pseudopla

------ especies exóticas invasoras: 

  1. Robínea ou Falsa acacia ou Picón/ Robinia pseudoacacia (f. Parecida o freixo con lóbulos redondeados e con espinas, origen EEUU)
  2. Ailanto/ Ailanto (f.Moi alargadas e delgadas, origen China)
  3. Acacia negra / Acacia melanoxylon (Parece un eucalipto,f. alargadas e delgadas, oscuras; origen Australia/Tasmania)
  4. Mimosa ou acacia arbusto/ Acacia dealbata (mimosa de toda a vida coas flores amarillas :) ; origen Australia/Tasmania)
  5. Eucalipto (origen Australia) 







lunes, 19 de abril de 2021

Pipistrelus pipistrelus

Toca identificación de varias especies dos datos recollidos estos días, que xa tivemos algo máis de calorciño pola noitña🤗  que o agradecemos nos tamén 🌞











sábado, 13 de febrero de 2021

POLA MODIFICACION DO PLAN FORESTAL DE GALICIA! 23 feb

Xunto co resto das asociacións e grupos naturalistas de Galicia rexeitamos o plan forestal que se vai a propoñer o 23 de febreiro  no parlamento de Galicia. E solicitamos a oportunidade de modificalo para adaptado á situación actual.

  • Está basado nun inventario forestal irreal e desfasado do ano 2009, e sigue promovendo as plantacións de eucaliptos en Galicia, e especies pirófitas (que favorecen os incendios).
  • Non se promoven as plantacións de frondosas caducifolias autóctonas, e os bosques autóctonos nos teñen protección propia
  • As comunidades de montes tamén se verán afectadas. 

Apoiamos a manifestación do 23 de febreiro diante do parlamento de Galicia. #MonteGalegoConFuturo