lunes, 2 de octubre de 2017

Xornada de voluntariado

1 Outubro:  resultados da X Limpeza Simultánea de Ríos na página de proxecto rios: Pincha aquí 

No río ULLA - no paso por PADRÓN,  deixamos fotos da Xornada na que recollemos sobre 70 kilos de lixo nas dúas marxes do río. Aproveitamos tamén para disfrutar da zona coas suas pesqueiras e a historia do peculiar tipo de pesca da lamprea ( interesante vídeo de "Jara y sedal" pinchando aquí); e ademáis contamos con unha pequena introducción en recollida de macroinvertebrados e medicións físico químicas do tramo. 



domingo, 24 de septiembre de 2017

Xornada de voluntariado

Participación na "Xornada de voluntariado ambiental de Santiago"
da Fundación Biodiversidade e Decathlon España.
No eido dos refuxios de fauna, construimos caixas niño e quedaron colocadas nas carballeiras e soutos do Parque da Granxa do Xesto en Santiago. Voltaremos a ver se teñen inquilinos :)
Podemos ver o vídeo na paxina do Facebook da tenda De Santiago de decathlon
Pincha aquí

sábado, 23 de septiembre de 2017

PROGRAMA OUTONO 2017

Comenza a campaña OUTONO 2017 :

1 Outubro: Participación de A.N. Hispella na  X Limpeza Simultánea de Ríos 
No río ULLA - no paso por PADRÓN

Recorda que se queres participar podes contactar connosco na páxina da Asociación; ou ben envía un correo cos teus datos á direccion anhispella@gmail.com, ou chama ó 629 11 36 34.






domingo, 28 de mayo de 2017

PRIMAVEIRA 2017: RIO VALIÑAS

A asociación A.N. Hispellla cubriu hoxe a inspección do tramo custodiado do río Valiñas,
En breve publicaremos os resultados.
Recorda que se queres participar podes contactar connosco na páxina da Asociación ou envía un correo cos teus datos á direccion anhispella@gmail.com.
Agardámovos para as próximas, :)