"Goza do Ulla" é unha iniciativa dos 20 concellos bañados polo Ulla, na que se organizan roteiros.
Este fin de semana participamos na andaina organizada polos concellos de Dodro e Rianxo.
O itinerario percorreu camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por varios lugares destacados da contorna do Ulla. Destacan o conxunto de hórreos da Lavandeira, As Brañas e As Tres Cruces, onde se atopa o Vía Crucis marítimo-fluvial do esteiro do río. O traxecto permitirá aos participantes desfrutar da paisaxe do esteiro, da ría de Arousa e da marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario