lunes, 29 de septiembre de 2025

Andaina "Goza do Ulla" - Dodro-Rianxo


"Goza do Ulla" é unha iniciativa dos 20 concellos bañados polo Ulla, na que se organizan roteiros.

Este fin de semana participamos na andaina organizada polos concellos de Dodro e Rianxo. Máis fotiños no Instagram @anhispella 

O itinerario percorreu camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por varios lugares destacados da contorna do Ulla. Destacan o conxunto de hórreos da Lavandeira, As Brañas e As Tres Cruces, onde se atopa o Vía Crucis marítimo-fluvial do esteiro do río. O traxecto permitirá aos participantes desfrutar da paisaxe do esteiro, da ría de Arousa e da marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada.





lunes, 22 de septiembre de 2025

Novo Instagram A.N.Hispella

✨ Xa temos novo Instagram da asociación! 🎉 Pásate por aquí 👉 (https://www.instagram.com/anhispella/)

Será o noso recuncho máis dinámico: novas fresquiñas, fotos das actividades e… algunha que outra sorpresa 👀. Entre fotiño e fotiño colaremos xogos para que a cousa sexa máis entretida. 😎📸



viernes, 5 de septiembre de 2025

XVIII Limpeza Simultánea de Ríos - 21.09.2025 - Video xornada

 domingo 21 de setembro é a data na que se realizará a actividade de Limpeza simultánea de ríos, e  na A.N. Hispella nos comprace anunciar a participación como en anos anteriores. 

O tramo de río donde realizaremos o voluntariado será no tramo de río asignado á asociación no río Ulla, no Concello de Padrón. 

Punto de encontro as 10 am aquí (foto plano máis abaixo) 

☝ Contacto: 629 11 36 34 / anhispella@gmail.com

Aproveitaremos tamén para poñer un pequeno gran de area no Proxecto de restauración ambiental que pretende recuperar esta zona invadida por vexetación de especies exóticas, quitando varios pés de "picón" ou Robinea pseudoacacia, e descorcharemos acacia negra para fomentar o seu secado progresivo.