jueves, 16 de octubre de 2025

VIAXE A NATUREZA - Tríptico informativo

"Te invitamos a unirte a este viaje, sumando tu voz y acciones para preservar el patrimonio natural que pertenece a todos y legarlo a las próximas generaciones."  

"Imagina formar parte de una experiencia donde cada paso que das ayuda a proteger bosques, ríos y especies únicas; donde no solo disfrutas de la naturaleza, sino que también contribuyes activamente a conservarla.

Participar en nuestras actividades ambientales es invertir en un futuro más verde, en tu bienestar y en el de las próximas generaciones. No es solo una salida, es la oportunidad de dejar huella positiva en el planeta mientras vives momentos inolvidables con buen humor."

Explora. Aprende. Conecta con la naturaleza en cada recorrido.

Conocer para cuidar: talleres, campañas y experiencias que inspiran acción.

Juntos recuperamos ecosistemas y damos nueva vida al planeta..










martes, 7 de octubre de 2025

Roteiro outono 2025

🍁 O Courel vístese de outono... 

 e nós xa temos todas as prazas completas para o último fin de semana de outubro!

Grazas a todas as persoas que se apuntaron a esta aventura entre soutos, ríos e cores de lume.

Se non puideches conseguir praza, non te preocupes: haberá novas rutas moi pronto.

🌾 Seguimos camiñando xuntos polo Courel!

lunes, 6 de octubre de 2025

Únete ao Teaming da Asociación! ColaborA e recupérao no IRPF

Ás veces, cambiar o mundo comeza cun xesto pequeno: 1 €/mes.


Asociación Naturalista Hispella pon a disposición o seu Teaming para que poidas poñer o teu gran de area pola natureza 🌿
👉 https://www.teaming.net/a-n-hispella

A túa achega axúdanos a difundir os valores e conservar a fauna, os hábitats e a vida silvestre que nos rodea.
E lembra: ata o 80 % do que aportes poderás recuperalo no IRPF, con certificado anual da propia plataforma.

Pequenos xestos, grandes cambios 💪💚

Podes contactar con nós para calquera dúbida no mail anhispella@gmail.com.






lunes, 29 de septiembre de 2025

Andaina "Goza do Ulla" - Dodro-Rianxo


"Goza do Ulla" é unha iniciativa dos 20 concellos bañados polo Ulla, na que se organizan roteiros.

Este fin de semana participamos na andaina organizada polos concellos de Dodro e Rianxo. Máis fotiños no Instagram @anhispella 

O itinerario percorreu camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por varios lugares destacados da contorna do Ulla. Destacan o conxunto de hórreos da Lavandeira, As Brañas e As Tres Cruces, onde se atopa o Vía Crucis marítimo-fluvial do esteiro do río. O traxecto permitirá aos participantes desfrutar da paisaxe do esteiro, da ría de Arousa e da marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada.





lunes, 22 de septiembre de 2025

Novo Instagram A.N.Hispella

✨ Xa temos novo Instagram da asociación! 🎉 Pásate por aquí 👉 (https://www.instagram.com/anhispella/)

Será o noso recuncho máis dinámico: novas fresquiñas, fotos das actividades e… algunha que outra sorpresa 👀. Entre fotiño e fotiño colaremos xogos para que a cousa sexa máis entretida. 😎📸



viernes, 5 de septiembre de 2025

XVIII Limpeza Simultánea de Ríos - 21.09.2025 - Video xornada

 domingo 21 de setembro é a data na que se realizará a actividade de Limpeza simultánea de ríos, e  na A.N. Hispella nos comprace anunciar a participación como en anos anteriores. 

O tramo de río donde realizaremos o voluntariado será no tramo de río asignado á asociación no río Ulla, no Concello de Padrón. 

Punto de encontro as 10 am aquí (foto plano máis abaixo) 

☝ Contacto: 629 11 36 34 / anhispella@gmail.com

Aproveitaremos tamén para poñer un pequeno gran de area no Proxecto de restauración ambiental que pretende recuperar esta zona invadida por vexetación de especies exóticas, quitando varios pés de "picón" ou Robinea pseudoacacia, e descorcharemos acacia negra para fomentar o seu secado progresivo.