jueves, 16 de octubre de 2025

VIAXE A NATUREZA - Tríptico informativo

"Te invitamos a unirte a este viaje, sumando tu voz y acciones para preservar el patrimonio natural que pertenece a todos y legarlo a las próximas generaciones."  

"Imagina formar parte de una experiencia donde cada paso que das ayuda a proteger bosques, ríos y especies únicas; donde no solo disfrutas de la naturaleza, sino que también contribuyes activamente a conservarla.

Participar en nuestras actividades ambientales es invertir en un futuro más verde, en tu bienestar y en el de las próximas generaciones. No es solo una salida, es la oportunidad de dejar huella positiva en el planeta mientras vives momentos inolvidables con buen humor."

Explora. Aprende. Conecta con la naturaleza en cada recorrido.

Conocer para cuidar: talleres, campañas y experiencias que inspiran acción.

Juntos recuperamos ecosistemas y damos nueva vida al planeta..










martes, 7 de octubre de 2025

Roteiro outono 2025

🍁 O Courel vístese de outono... 

 e nós xa temos todas as prazas completas para o último fin de semana de outubro!

Grazas a todas as persoas que se apuntaron a esta aventura entre soutos, ríos e cores de lume.

Se non puideches conseguir praza, non te preocupes: haberá novas rutas moi pronto.

🌾 Seguimos camiñando xuntos polo Courel!

lunes, 6 de octubre de 2025

Únete ao Teaming da Asociación! ColaborA e recupérao no IRPF

Ás veces, cambiar o mundo comeza cun xesto pequeno: 1 €/mes.


Asociación Naturalista Hispella pon a disposición o seu Teaming para que poidas poñer o teu gran de area pola natureza 🌿
👉 https://www.teaming.net/a-n-hispella

A túa achega axúdanos a difundir os valores e conservar a fauna, os hábitats e a vida silvestre que nos rodea.
E lembra: ata o 80 % do que aportes poderás recuperalo no IRPF, con certificado anual da propia plataforma.

Pequenos xestos, grandes cambios 💪💚

Podes contactar con nós para calquera dúbida no mail anhispella@gmail.com.






lunes, 29 de septiembre de 2025

Andaina "Goza do Ulla" - Dodro-Rianxo


"Goza do Ulla" é unha iniciativa dos 20 concellos bañados polo Ulla, na que se organizan roteiros.

Este fin de semana participamos na andaina organizada polos concellos de Dodro e Rianxo. Máis fotiños no Instagram @anhispella 

O itinerario percorreu camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por varios lugares destacados da contorna do Ulla. Destacan o conxunto de hórreos da Lavandeira, As Brañas e As Tres Cruces, onde se atopa o Vía Crucis marítimo-fluvial do esteiro do río. O traxecto permitirá aos participantes desfrutar da paisaxe do esteiro, da ría de Arousa e da marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada.





lunes, 22 de septiembre de 2025

Novo Instagram A.N.Hispella

✨ Xa temos novo Instagram da asociación! 🎉 Pásate por aquí 👉 (https://www.instagram.com/anhispella/)

Será o noso recuncho máis dinámico: novas fresquiñas, fotos das actividades e… algunha que outra sorpresa 👀. Entre fotiño e fotiño colaremos xogos para que a cousa sexa máis entretida. 😎📸



viernes, 5 de septiembre de 2025

XVIII Limpeza Simultánea de Ríos - 21.09.2025 - Video xornada

 domingo 21 de setembro é a data na que se realizará a actividade de Limpeza simultánea de ríos, e  na A.N. Hispella nos comprace anunciar a participación como en anos anteriores. 

O tramo de río donde realizaremos o voluntariado será no tramo de río asignado á asociación no río Ulla, no Concello de Padrón. 

Punto de encontro as 10 am aquí (foto plano máis abaixo) 

☝ Contacto: 629 11 36 34 / anhispella@gmail.com

Aproveitaremos tamén para poñer un pequeno gran de area no Proxecto de restauración ambiental que pretende recuperar esta zona invadida por vexetación de especies exóticas, quitando varios pés de "picón" ou Robinea pseudoacacia, e descorcharemos acacia negra para fomentar o seu secado progresivo.





jueves, 28 de marzo de 2024

Próximo roteiro guiado no Courel: sábado 11 maio. Walking River

O vindeiro sábado 11 de maio 2024 organizamos unha actividade ambiental que nos levará a percorrer a ribeira do río Pequeno en Seoane do Courel (Lugo). O río Pequeno é afluente do río Lor e os dous forman parte da Reserva Natural Fluvial (RNF) Río Lor I. As RNFs son unha figura de protección ambiental na que se incluen os treitos de ríos mellor conservados da Península Ibérica. Xunto coas Reservas Naturais Lacustres e as Reservas Naturais Subterráneas, constituen as chamadas Reservas Hidrolóxicas, a xoia da coroa dos ecosistemas fluviais de España.

Con este roteiro guiado, a Asociación Naturalista Hispella participa no día WALKING RIVERS, iniciativa promovida polo Centro Ibérico de Restauración Fluvial (CIREF), un grupo de profesionais implicados coa recuperación ambiental destes espazos naturais cada vez mais ameazados. Como podedes comprobar na súa páxina web, será unha celebración a nivel mundial que pretende achegar á población aos ecosistemas fluviais e "demostrar que os ríos son xeniais e que é posible andalos". Búscanos no Mapa.


Se queres participar con nós nesta xornada no Courel, envíanos un correo electrónico a anhispella@gmail.com cos nomes e DNI dos participantes. O roteiro polo río Pequeno terá unha lonxitude de 10 km aproximadamente, e incluirá obradoiros e actividades relacionadas coa fauna e flora de ribeira. Aconsellamos levar calzado e roupa axeitada de trekking, e traer a túa propia comida e bebida, e moitas ganas de pasalo ben! Unha vez inscritos, recibiredes mais información complementaria sobre o lugar de encontro e outros datos sobre esta xornada.

Ademáis, contámosche que a Asociación Naturalista Hispella acaba de abrir o seu propio Teaming  para que poidas colaborar coa asociación aportando 1 euro/mes e aportar o teu gran de area na defensa do medio natural (https://www.teaming.net/a-n-hispella). Lembra que na declaración do IRPF do ano seguinte recuperas ata o 80% das aportacións que fagas, e a plataforma Teaming enviarache puntualmente cada ano o certificado para que poidas facelo.

Podes contactar con nós para calquera dúbida no mail anhispella@gmail.com.