miércoles, 2 de septiembre de 2020

COLABORACIÓN CO GRUPO LOBO GALICIA

Iniciamos un novo proxecto ambiental colaborando coa asociación "Grupo Lobo" na conservación do noso carnívoro máis emblemático, o lobo ibérico.

Aportamos datos dos traballos de campo para o "Voluntariado Nacional para el Censo del Lobo Ibérico y Evaluación del Estado de Conservación de sus Hábitas Naturales"  coordinado polo departamento de ciencias da Univerdad de Alcalá (Madrid).


viernes, 28 de agosto de 2020

PROXECTO RIOS: resultados de inspección de primavera

Este ano 2020 protagonizado pola COVID-19 non impediu seguir con algún dos proxectos cos que colaboramos. 
 Dentro da web do "Proxecto Ríos", e accedendo ao xeovisor, se poden visualizar os resultados e localizacións das inspeccións de primavera dos distintos grupos de voluntariado de toda Galicia; entre elas as tres localizacións asignadas a A.N. Hispella.

viernes, 29 de mayo de 2020

FIN DE SEMANA DE INSPECCIÓN DE RÍOS

Na recta final do covid-19 empezamos as inspeccións da saúde dos ríos custodiados para o proxecto ríos.
Empezamos polo Valiñas (no seu paso por Culleredo) e polo Ulla (no concello de Padrón en Herbón). Agardando a seguintes fases para poder ir ó tramo do Barbantiño ( en Ourense). 
 
Actualizado 14-06-2020: 
Recorremos e inspeccionamos o tramo do Barbantiño ó seu paso por Amoeiro. Un tramo moi recomendable onde encontrar moita flora das ribeiras galegas! E cómo esperabamos cun resultado de "Moi boa calidade"


No río Ulla, igual que nas anteriores inspeccións encontramos o mexillón dulce Unionidae, un bioindicador moi Bo. O resultado da inspección foi de "Moi boa calidade"

No río Valiñas encontramos macroinvertebrados de varios tipos e niveles. Dando un resultado de Boa calidade.

domingo, 10 de mayo de 2020

PROGRAMA PRIMAVEIRA 2020

Debido a alerta sanitaria tivemos que confinarnos, e pasar media primaveira na casa.
Agora que vai amainando, e pasamos oficialmente de fase, empezaremos as inspeccións nos ríos custodiados en breve.  🐠 🌊
Desexámosvos que todo marche ben, e esperamos vernos más seguintes saídas. 😷 👋

domingo, 30 de septiembre de 2018

Xornada de voluntariado


30 septiembre resultados da XI Limpeza Simultánea de Ríos na página de proxecto rios: Pincha aquí 

No río ULLA - no paso por PADRÓN,  deixamos fotos da Xornada na que recollemos sobre 35 kilos de lixo nas dúas marxes do río. 
Aproveitamos tamén para disfrutar da zona coas suas pesqueiras e a historia do peculiar tipo de pesca da lamprea ( interesante vídeo de "Jara y sedal" pinchando aquí); 
E ademáis, e como de costume, contamos con unha pequena introducción en recollida de macroinvertebrados e medicións físico químicas do tramo, para incidir na importancia dos ríos na calidade da auga.

Gracias equipo pola participación na limpeza! 
Tamén destacar o descubrimento de mexillón (Margaritifera margaritifera) no río como gran indicador de boa calidade . 








viernes, 14 de septiembre de 2018

PROGRAMA OUTONO 2018

Comenza a campaña OUTONO 2018:

30 setembro: Participación de A.N. Hispella na  XI Limpeza Simultánea de Ríos 
No río ULLA - no paso por PADRÓN

Recorda que se queres participar podes contactar connosco na páxina da Asociación; ou ben envía un correo cos teus datos á direccion anhispella@gmail.com, ou chama ó 629 11 36 34.

Xa temos as camisetas para poñernos mans á obra este domingo.

lunes, 2 de octubre de 2017

Xornada de voluntariado

1 Outubro:  resultados da X Limpeza Simultánea de Ríos na página de proxecto rios: Pincha aquí 

No río ULLA - no paso por PADRÓN,  deixamos fotos da Xornada na que recollemos sobre 70 kilos de lixo nas dúas marxes do río. Aproveitamos tamén para disfrutar da zona coas suas pesqueiras e a historia do peculiar tipo de pesca da lamprea ( interesante vídeo de "Jara y sedal" pinchando aquí); e ademáis contamos con unha pequena introducción en recollida de macroinvertebrados e medicións físico químicas do tramo.