domingo, 18 de enero de 2026

PROGRAMACIÓN XORNADAS VOLUNTARIADO

 🌳 PROYECTO SOUTO – XORNADAS DE TRABALLO COMUNITARIO 🌳

(Sempre que o tempo o permita)

Empezamos  co proceso de recuperación do Souto coa a tala de acacia negra. Este fin de semana quedou realizada a primeira fase do proxecto:



📅 O sábado 17,  tala de acacia 

🕕 E o domingo limpiamos o terreo apilando as follas de acacia en un punto da parcela. 

Cada fin de semana avanzaremos nunha nova fase, combinando traballo no monte, convivencia e celebración 🌱


📅 FINES DE SEMANA (xaneiro – marzo)
🕙 Horario:

  • Sábado: 10:00 – 14:00  ( 16:00 - 18:00 )

  • E/ou Domingo: 10:00 – 14:00

👉 según a previsión meteorolóxica. 


🛠️ ACTIVIDADES (segundo a fase):

  • Retirada de madeira para leña (con donativos solidarios)

  • Protección do solo con palla

  • Descortezado de tocóns de acacia

  • Retirada de Tradescantia

  • Plantación de árbores autóctonas: 🌰 castaños, 🌳 carballos, 🌿 abeleiras, 🍁 pradairos

ℹ️ ( pode variar según necesidades)


🎉 EN TODOS OS FINES DE SEMANA:
✨ Actividades sorpresa 
🥪 Picoteo ao rematar a xornada
🎁 Sorteos entre as persoas participantes


👢 QUE TRAER:

  • Roupa de traballo e calzado axeitado para o monte

  • Luvas (se tes)

  • Auga

  • Ganas de colaborar e pasar un bo rato 😊

🪚 Ferramentas haberá algunhas, pero se tes propias (tesoiras, aixada, serra manual…), son benvidas.


🔥 LEÑA DISPONIBLE POR DONATIVO
A veciñanza pode recoller leña a prezos solidarios.
💚 O recadado destínase a cubrir gastos da tala e restauración do Souto.


📍 Lugar: lugar Cortiñas, 15915 Padrón 
📩 Contacto / info: Ángel 629 113634 / 630 48 87 04

🌱 Coida o monte. Participa. Celebra.
Agardámoste 💚

domingo, 11 de enero de 2026

PLAN RECUPERACIÓN AMBIENTAL DUN ANTIGO SOUTO


Recuperación da ribeira do río Ulla: un Souto que volve á vida




O Souto de Cortiñas, situado na marxe esquerda do río Ulla —un río incluído na Rede Natura 2000— ao seu paso pola parroquia de Herbón (Padrón)

, foi historicamente un espazo natural de enorme valor ecolóxico, cultural e paisaxístico. Este lugar está intimamente ligado á historia da comarca, ás pesqueiras tradicionais da lamprea e aos camiños que percorren moitos peregrinos do Camiño Portugués.

Nos últimos anos, porén, este entorno sufriu un importante deterioro ambiental, provocado principalmente pola expansión de especies exóticas invasoras, a acumulación de residuos e os vertidos de augas residuais. Estes impactos poñen en risco a biodiversidade do río Ulla e a conservación dos seus bosques de ribeira.

Dende a Asociación Naturalista Hispella cremos firmemente que este pequeno recuncho bañado polo Ulla, xa preto da súa desembocadura, merece unha nova oportunidade. Queremos que volva ser un souto vivo, diverso e orgullosamente autóctono resiliente ante o cambio climático. Por iso, con moita ilusión, elaboramos un proxecto que ten como obxectivo a recuperación ambiental integral do Souto de Cortiñas, devolvéndolle ao río a súa vexetación natural e mellorando a calidade ecolóxica e paisaxística do entorno.

As actuacións inclúen a eliminación de especies invasoras, a plantación de árbores e arbustos propios dos bosques de ribeira galegos —carballos, castiñeiros, freixos, bidueiros ou abeleiras— e a retirada de residuos, paso a paso, coa axuda da comunidade.

O proxecto aposta tamén por un uso público respectuoso, mellorando o sendeiro fluvial existente e creando pequenos espazos para o descanso, a observación da natureza e a interpretación ambiental, sempre mantendo o carácter natural e tranquilo do lugar.

Esta iniciativa complétase cun programa continuo de educación ambiental e ciencia cidadá, no que participan veciños, voluntariado e visitantes. O seguimento da fauna e da flora, xunto coa sensibilización sobre a importancia de conservar os ecosistemas fluviais, serán claves para garantir o éxito do proxecto a longo prazo.

A recuperación do Souto baséase na custodia do territorio, un modelo de colaboración entre cidadanía, propietarios e administracións públicas para coidar e xestionar este espazo natural de forma sostible, pensando nas xeracións presentes e futuras.

Estamos seguros de que contamos co teu apoio para facer deste proxecto un auténtico éxito 💚
Moi pronto publicaremos un calendario de actuacións e xornadas de voluntariado, con actividades abertas a todas as persoas que queiran participar.

Sumarte ao voluntariado non só significa formar parte activa da recuperación dun espazo natural, senón tamén compartir bos momentos: aprendizaxe no campo, convivencia, picoteos ao rematar as xornadas e sorteos especiais entre as persoas participantes a través do noso Instagram.

Porque conservar a natureza tamén é gozala, aprendela e facela en comunidade 🌿
👉 Anímate a formar parte da recuperación do Souto!